imaxe da nova
Nova Galega

Programa "Culturea" da Deputación de Pontevedra, substituto do Pontegal

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 xaneiro 2024

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar as bases do programa “Culturea”, con 1 millón de euros para "espallar cultura por toda a provincia".
Trátase basicamente dun cambio de denominación da anterior rede coñecida como "Pontegal", pero cun aumento orzamentario que para 2024 chega ao millón de euros (800.000€ foi o orzamento do Pontegal para 2023).
Iso si, as cantidades estipuladas (cachés) para as agrupación artísticas non mudaron e seguen sendo totalmente insuficientes para a maioría de formacións, tendo en conta os requirimentos documentais solicitados.

O programa vai dirixido a agrupacións e asociacións sen fins de lucro e a entidades locais menores da provincia de Pontevedra, que poderán solicitar actuacións de ata 1.300 artistas e grupos de música, teatro ou danza para as súas actividades.

A inscrición de artistas no catálogo está aberta en calquera momento do ano a través da sede electrónica e parece que permanecen os grupos incluídos nas pasadas edicións do Pontegal (dende 2020).

Aproveitamos para recordar que dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos facilitar a inscrición dos proxectos aos socios/as da mesma. Podedes contactar para máis información.
Web Culturea / Nova / Requisitos da Rede (resumo MAV)

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información