imaxe da nova
Nova Galega

Abertas as inscrición na Rede Cultural da Deputación da Coruña

imaxe do usuario Xestor Xestor
8 febreiro 2024

A Deputación da Coruña abre a convocatoria da Rede Cultural 2024, que aposta pola "difusión e a promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas" co mesmo orzamento que o pasado 2023 que ascende a 1.975.000 euros.
O período de realización de actuacións estenderase até o 31 de marzo de 2025, tal e como se fixo nas convocatorias anteriores.

Artistas, empresas e compañías teñen ata as 14 horas do 16 de febreiro para inscribir os seus espectáculos na nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O prazo para que os concellos presenten ás súas solicitudes de actuacións estará aberto do 3 ao 17 de abril.

Como en anteriores anos, o catálogo da Rede Cultural nesta edición estará formado por catro programas: "Escena ao vivo!" (para espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo), "Visións" (para cinema e contidos audiovisuais), "Lingua a Escena!" (para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega) e "Alicerce" (para grupos de música, danza e teatro non profesionais).
Bases / Web / Nova

Aproveitamos para recordar que dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos facilitar a inscrición dos proxectos aos socios/as da mesma.
Podedes contactarnos para calquera dúbida relacionada con estas redes.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información