imaxe da nova
Asociación

Xurado dos XI Premios Martín Códax da Música 2024

imaxe do usuario Xestor Xestor
16 abril 2024

Nesta XI edición dos Premios Martín Códax da Música inscribíronse 464 proxectos.
Hoxe máis que nunca, é necesario seguir cumprindo o obxectivo principal para o que se crearon estes Premios: Visibilizar a grande cantidade, calidade e diversidade dos proxectos musicais galegos.
Queremos salientar o carácter non competitivo deste proxecto, que soamente trata de poñer en valor e achegar á cidadanía o gran potencial do noso sector e fortalecer o compañeirismo e unión do noso gremio.

Anunciouse tamén que Xurxo Souto será o condutor e director da Gala da XI edición do 15 de maio. Coa música da Orquestra Bravú Xangai e moita sorpresas.

Rematada xa a fase de votación do Xurado, daranse a coñecer os proxectos finalistas o vindeiro 24 de abril no Encontro de Finalistas. Como gran novidade desta edición, abrirase o proceso da segunda fase de votación en todas as categorías ao voto público.
O xurado desta edición estivo composto por:

- PILAR G. REGO: xornalista e comunicadora.
- ELENA VÁZQUEZ: violinista, improvisadora e mestra de violín.
- ALBERTO BUSTO: Guitarrista, cantante e streamer.
- MARITXINHA: baixista en varios proxectos musicais.
- CAO DE MOS: Coordinador da actividade cultural da Sala Rebullón.

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información