imaxe da nova
Actualidade

Reforma do IRPF adaptada á intermitencia dos traballadores da Cultura

imaxe do usuario Xestor Xestor
29 novembro 2024

A reforma fiscal aprobada o pasado xoves 21 de novembro inclúe un IRPF adaptado á intermitencia de ingresos dos artistas.

Trátase dunha das medidas previstas na axenda lexislativa do Estatuto do Artista.
A medida supón unha mellora do tratamento dos rendementos irregulares dos artistas e ten como finalidade solucionar o problema da intermitencia axustando a tributación de ingresos que se perciben nun momento concreto pero que veñen derivados do traballo durante outros exercicios que non xeraban ingresos.

Introdúcese no proxecto de lei unha redución do 30% dos rendementos do traballo ou de actividades económicas obtidos por artistas e creadores cando tales rendementos excedan nun 130% da media dos rendementos obtidos nos tres últimos exercicios.
Nova

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información